luns, 1 de abril de 2013

Árbores en Teixugueiras



Sr. Alcalde de Vigo: Estámoslle profundamente agradecidos dende a Asociación Cultural Pedra Seixa que se lembrara do día internacional das árbores e pasara por Navia, exactamente pola rúa Teixugueiras, a prantar árbores. Según din os medios foron 60, pero temos que lembrarlle que hai moitos tramos da rúa Teixugueiras que todavía non os teñen, concretamente na beirarrua do número 7, do 13 e do 24 así como dos ocos sen árbores que hai no parque, sendo dun total de 16 e da nula atención da rúa Lamela, Limpiño, Poza Cabalo, Ufas e Pedra Seixa.

Quixera aproveitar para contarlle que nós tamén celebramos o día internacional das árbores (inda que pensamos que xa tivo coñecemento del) cun acto prantando 2 carballos, 2 castaños, 3 abilleiras, 4 loureiros, 1 ameixeira, 1 nogueira, 1 nespereiro e 3 camelios, romero e bulbos de prantas ornamentais. Sí señor alcalde, fixémolo os veciños da rúa Teixugueiras, os pais e os fillos nunha zona que vostede quere habilitar para aparcar coches. Decirlle tamén que estaremos pendentes para que estas árbores vaian para arriba, e do mesmo xeito que viñeron a prantar as árbores o día 21, non se esqueza de enviar ós operarios para que limpen as zonas verdes entre edificios e as sendas verdes que rematarían no parque, xa que polo que parece neste ano estas zonas seguirán quedando sen as tan ansiadas árbores e adecentameno integral.

Xa por último decirlle que non chegamos tarde ás propostas que lle fixemos chegar, tal e como dixo nun programa dunha tv local de Vigo o pasado 14 de marzo, posto que moito do que lle pedimos por carta, xa hai tempo (anos) que a A.V. máis antiga desta parroquia xa llo reclamou por escrito e rexistro.
Estamos ansiosos de coñecer o plan que vostede ten reservado para a nosa zona, os veciños estaríamos encantados de coñecelo de primeira man, antes de que vostede o publicite nos medios.
Un cordial saúdo e lembrámoslle que seguimos esperando a data da xuntanza, xa solicitada, para falar con vostede de temas que nos interesan.

Roberto López. Asociación Cultural Pedra Seixa.

Carta ao director publicada polo Faro de Vigo o pasado 01.04.2013

http://www.farodevigo.es/cartas/2013/04/01/arbores-teixugueiras/783285.html