sábado, 23 de marzo de 2013

Éxito na primeira actividade da Asociación Cultural Pedra Seixa


O pasado sábado 16 de marzo a Asociación Cultural Pedra Seixa, fixo a súa primeira actividade no barrio, unha plantación lúdica-reivindicativa, no espazo existente entre os números 10 e 12 da rúa As Teixugueiras.

A pesar de ergérmonos ese día con choiva, contra as 11:00 hs o deus da auga deunos unha pequena tregua que nos permitiu facer a plantación sen ter que sacar o paraugas e que finalmente se achegasen moitos veciños e veciñas cos seus cativos para axudar, participar e colaborar.

Cando nos quixemos dar conta tiñamos un auténtico "exército" de pequenos colaboradores dispostos a enlamarse até o pescozo para axudar a plantar os carballos, camelios, castiñeiros e laureiros que agardaban con impaciencia poder enterrar as suas raíces no barrio de Navia. 

Un auténtico día de festa, no que se mesturou natureza e música (moitas grazas aos gaiteir@s: Alberto, Javi, Motse e aos Swaroskys, que amenizaron a mañá dun xeito fantástico) e no que puidemos comprobar que o interese por manter, coidar e adecentar as zonas verdes do barrio é un sentir maioritario. Contra o que dí o Sr. alcalde, parece claro que os veciños prefiren zonas verde a zonas de aparcamento.

Dende a asociación queremos agradecer e felicitar a todos os que participaron, e aos que non animalos a participar en vindeiras actividades.

Para os que desexedes participar, colaborar ou simplemente recibir información de vindeiras actividades podedes enviarnos un email a: acpedraseixa@gmail.com

Deixámosvos un pequeno resumo fotográfico do que foi o día.



























Reseña no Atlántico Diario



Navia defiende sus espacios verdes 

Navia defiende sus espacios verdes

Los vecinos de Navia defenderán a capa y espada sus espacios verdes.

Ayer familias del barrio acudieron a una convocatoria de la Asociación Cultural Pedra Seixa para celebrar el Día Internacional del Árbol y lo hicieron con una plantación lúdica-reivindicativa. El acto tuvo lugar entre los números 10 y 12 de la calle Teixugueiras, la arteria principal de la zona residencial de Navia. Eligieron este lugar para transmitir el mensaje de que quieren mantener estos jardines entre los edificios, puesto que en fecha reciente el Concello de Vigo planteó la posibilidad de crear en algunos de estos espacios zonas de aparcamiento para vehículos.

Atlántico Diario. 17/03/2012

 

Reseña no xornal La Voz de Galicia

 

Navia quiere ser verde

La asociación de vecinos reclaman más zonas arboladas.


Espazos para as árbores fue el lema elegido por la directiva de la Asociación Cultural Pedra Seixa para realizar una plantación de árboles en un solar de la calle Teixugueiras, en el nueva urbanización de la parroquia de Navia. Quisieron adelantarse en una semana al Día Internacional del Árbol para llamar la atención del gobierno municipal, a quien le reclaman que haga extensible al barrio el caballeresco lema «Vivimos nunha cidade fermosa».

Los vecinos reclaman al alcalde que extienda su querencia arborea a las calles Teixugueiras, Lamela, Limpiño, Poza Cabalo, Ufas, Pedra Seixa, entre otras. Para dar ejemplo, ayer se armaron con azadas y se pusieron a plantar algunos árboles, en lo que calificaron como una plantación «lúdica-reivindicativa». Pero no solo reclaman árboles los vecinos sino que quieren recordarle al Concello que si el promotor de esta urbanización, o sea la Xunta, no acondicionó la parte verde, le toca al municipio hacerlo.
Así que, con el acto de ayer, quisieron reclamarle al alcalde que adecente las zonas verdes entre edificios y la senda verde que desemboca en el parque, y ya de paso que plante árboles autóctonos.

La Voz de Galicia. 17/03/2013




xoves, 21 de marzo de 2013

Carta ao alcalde de Vigo

Sr. Alcalde de Vigo, 

Dentro de tres semanas vaise celebrar o día internacional da árbore. En moitos territorios do país aprovéitase para plantar e facer actividades (talleres, conferencias?) relacionadas co medio ambiente nas que ademáis dos gobernos participa activamente a sociedade (escolas, asociacións?) sendo un dos seus obxectivos educar ás novas xeracións con principios que valoren a importancia dos bosques e os respecten. Dende a asociación cultural Pedra Seixa, instamos ó Concello de Vigo que aproveite a data do 21 de marzo para re-plantar na nosa contorna (rúas Teixugueiras, Lamela, Limpiño, Poza Cabalo, Ufas, Pedra Seixa e as zonas do casco antiguo de Navia susceptible delo) as árbores necesarias para que realmente se faga efectiva a frase 'agora vivimos nunha cidade fermosa'. Ademáis das rúas das que lle falamos neste escrito lembrámoslle tamén a obriga que o Concello ten cando recepciona unha urbanización sendo o promotor o que ten que acondicionar a zona verde e se non o fai será o concello o que o ten que facer. Daquela instámoslle tamén a que adecente as zonas verdes entre edificios e a senda verde que desemboca no parque e aproveite para plantar árbores autóctonas en todas estas zonas así como no perímetro de todo o polígono que linda coa estrada VG20 e a rúa de servicio que conecta a zona franca e Citroën. Sería bo que o Sr. Alcalde de Vigo pase a ser coñecido e recordado pola cantidade de árbores que prantou en Navia. Aproveitamos a ocasión para solicitarlle unha reunión para falar de temas que nós consideramos importantes de Navia, e que seguramente sexa efectiva máis cedo que tarde. Un cordial saúdo da Asociación Cultural 'Pedra Seixa'

Roberto López (Vigo)

Cara ao alcalde de Vigo publicada no Atlántico Diario o 06/03/2013

http://www.atlantico.net/noticia/233082/internacional/arbores/

martes, 12 de marzo de 2013

PLANTACIÓN LÚDICA-REIVINDICATIVA (16/03/2013)




O 16 DE MARZO ÁS 12:00 HORAS, ENTRE OS NÚMEROS 10 E 12 DE TEIXUGUEIRAS, TERÁ LUGAR UNHA PLANTACIÓN LÚDICA-REIVINDICATIVA PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE, E PARA QUE OS ESPAZOS VERDES SIGAN SENDO VERDES. PARTICIPA COS PEQUES E, SE PODES, APORTA A TÚA ÁRBORE OU SEMENTE.

VÉMONOS ALÍ!

ASOCIACION CULTURAL PEDRA SEIXA

luns, 11 de marzo de 2013

Carta ao alcalde de Vigo

Día internacional das árbores

Roberto López (Membro da directiva A.C. Pedra Seixa) - Navia-Vigo

Sr. Alcalde de Vigo. Dentro de tres semanas vaise celebrar o día internacional da árbore. En moitos territorios do país aprovéitase para plantar e facer actividades (talleres, conferencias) relacionadas co medio ambiente nas que ademáis dos gobernos participa activamente a sociedade (escolas, asociacións) sendo un dos seus obxectivos educar ás novas xeracións con principios que valoren a importancia dos bosques e os respecten. Dende a asociación cultural Pedra Seixa instamos ó Concello de Vigo que aproveite a data do 21 de marzo para re-plantar na nosa contorna (rúas Teixugueiras, Lamela, Limpiño, Poza Cabalo, Ufas, Pedra Seixa e as zonas do casco antiguo de Navia susceptible delo) as árbores necesarias para que realmente se faga efectiva a frase "agora vivimos nunha cidade fermosa". Ademáis das rúas das que lle falamos neste escrito lembrámoslle tamén a obriga que o Concello ten cando recepciona unha urbanización sendo o promotor o que ten que acondicionar a zona verde e se non o fai será o concello o que o ten que facer. Daquela instámoslle tamén a que adecente as zonas verdes entre edificios e a senda verde que desemboca no parque e aproveite para plantar árbores autóctonos en todas estas zonas así como no perímetro de todo o polígono que linda coa estrada VG20 e a rúa de servicio que conecta a zona franca e Citroën. Sería bo que o Sr. Alcalde de Vigo pase a ser coñecido e recordado pola cantidade de árbores que prantou en Navia. Aproveitamos a ocasión para solicitarlle unha reunión para falar de temas que nós consideramos importantes de Navia, e que seguramente sexa efectiva máis cedo que tarde.
Un cordial saúdo da Asociación Cultural "Pedra Seixa".

Carta ao alcade de Vigo publicada na sección de cartas ao director o pasado 07/03/2013 no xornal Faro de Vigo.

mércores, 6 de marzo de 2013

ESTATUTOS


ESTATUTOS DA ASOCIACION CULTURAL “PEDRA SEIXA”

CAPÍTULO I
DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º.- 1.- Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominacion “ASOCIACION CULTURAL PEDRA SEIXA”.

2.- A asociación rexerase polos ditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2º.- O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Vigo rúa de Teixugueiras nº... Portal....C.P.36212 teléfono......,correo electrónio, acpedraseixa@gmail.com

Artigo 3º.- A asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial de comunidade autonoma de Galiza

Artigo 4º.- 1.-A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.
3.- A sua lingua oficial é o propia de Galiza. O galego

Artigo 5º.- 1.- Son fins principais da asociación:
a.-Promocción e defensa da Cultura e a Lingua Galega nas súas diversas manifestacións

b.-Difusión,sensibilización e defensa con respecto a realidade social,cultural,ecoloxica e etnografica de Galiza.

2.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organiza-las seguintes actividades:
a.-Conferencias,exposicións,charlas,debates,concertos, publicacións.
b.-Encontros,obradoiros e calquera tipo de expresións plasticas e audiovisuais
c.-Calquera outro tipo de medio que serva para a difusión dos obxectivos da asociación.

3.-Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

CAPÍTULO II

DOS ASOCIADOS

Artigo 6º.
1- Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:
a.-Que suscriban os fins da asociación e aceiten os presentes estatutos
b. Que aboen a cota establecida
2.- Poderán ser integrantes da asociación na súa sección xuvenil os menores non emancipados de máis de 14 anos co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade.
3.-Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida e será refrendadas poloa Asamblea Xeral.

Artigo 7º.- Dentro da asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:
  1. Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
  2. Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
  3. Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.
  4. Xuvenís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na asociación, que estarán integradas na sección xuvenil, no seu caso.
Artigo 8º.
1.-A condición de asociado pérdese:
a) Por vontade propia
    b) Por falta de pago de 4 cotas.
    c) Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da Asociación, previo expediente d)Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
2.-A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b) e c) do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.

Artigo 9º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
1. Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exercer o dereito de voto, así como asistir á Asemblea xeral, de acordo cos estatutos.
2. Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
3. Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
4. Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.
Os asociados e asociadas honorarios non intervirán na dirección da asociación nin nos órganos de representación dela. Os asociados e asociadas honorarios están facultados para asistir ás asembleas xerais con voz, pero sen voto.

Artigo 10º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
1. Compartir as finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
2. Pagar as cotas que se establezan.
3.-Desempeñar os cargos para os que foron elixidos.
4.--Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
4.- Acatar o contido dos estatutos

CAPÍTULO III

DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN


Artigo 11º.- A dirección e administración da asociación serán exercidas polo presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Artigo 12º.
1.- O president@ da asociación será designad@pola Asemblea Xeral entre os asociad@s e o seu mandato durará 2 anos. Será asistid@ nas súas funcións por un vicepresident@, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
2.- O president@ terá as seguintes atribucións:
  1. Representar a asociación perante calquera organismo público ou privado.
  2. Convocar e presidir as sesións que celebre a Xunta Directiva; presidir as sesións da Asemblea Xeral; dirixir as deliberacións dunha e outra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate.
  3. Executar os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
  4. Ordenar os pagamentos acordados validamente.
  5. Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
Artigo 13º.
1.- A Xunta Directiva estará formada pol@ president@ da asociación, un/ha vicepresident@, un secretari@, un tesoureir@ e 3 vogais.
2.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación.
As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.
3.- A Asemblea Xeral será a competente para elixir os cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un período de 2 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
4.- Os cargos cesarán na súa función por:
a) Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
b) Renuncia voluntaria.
c) Transcurso do prazo para o que foron elixidos.
d) Acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.
A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.
As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral.
En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.

Artigo 14º.- A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:
1. Programar e dirixir as actividades asociativas.
2. Levar a xestión administrativa e económica da asociación.
3. Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
4. Convocar e fixar a data da Asemblea Xeral.
5. Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
6. Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.
7. Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.
8. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
9. Propoñer o plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
10. Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan.
11. Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da asociación.

Artigo 15º.
1.- A Xunta Directiva será convocada pol@ secretari@ co visto bó d@ president@, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.
2.- Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, d@ president@ ou vicepresident@ e o secretari@ ou persoa que o substitúa.
O secretari@ ou, no seu defecto, o vogal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.

Artigo 16º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Artigo 17º.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes desta. O president@ e o secretari@ da asemblea serán o president@ e o secretari@ da Xunta Directiva.

Artigo 18º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 19º.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o meses de Xaneiro ata o finais de Abril .Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación pol@ secretari@ ,co visto bó d@ president@ da Xunta Directiva.
A notificación farase nos locais da asociación, no blog ou na web , para as asembleas ordinarias e no domicilio dos asociados para as asembleas extraordinarias.

Artigo 20º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
  1. Aprobar o plan de actividades.
  2. Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.
  3. Aprobar os presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
  4. Exame e aprobación das cotas.
  5. Ratificación da admisión d@s soci@s

    Artigo 21º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
  1. Modificar os estatutos da asociación.
  2. Elixir e cesa-los integrantes da Xunta Directiva.
  3. Aprobar a federación con outras asociacións.
  4. Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
  5. Acordar a disolución da asociación.
  6. Designar @s liquidador@s
  7. Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
  8. Solicitar declaración de utilidade pública da asociación.
  9. Aprobar regulamento de réxime interno da asociación.
  10. As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agarda-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
  11. Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou a Xunta Directiva.
Artigo 22º. A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza d@ president@ ou vicepresident@ e o secretari@ ou persoa que o substitúa.

Artigo 23º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple d@s asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7 do artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinarao o/a presidente/a, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.

Artigo 24º.- Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódol@s asociad@s, incluso @s non asistentes.

As sesións abriranse cando así o determine @ president@. Seguidamente procederase por parte d@ secretari@ á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente, @ secretari@ procederá a presentar o orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

Artigo 25º.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Artigo 26º.- 1. @ secretari@ recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace d@ president@. @ secretari@ tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.
2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade d@ secretari@, @ president@ designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.

Artigo 27º.- 1. O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.
2. O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da asemblea ordinaria.

Artigo 28º.- Os vocais terán as seguintes atribucións:
  1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
  2. Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

CAPÍTULO IV

RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 29º.- A asociación no momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de 0 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 30º.- A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado pol@ tesoureir@ da asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 31º.- A asociación manterase dos seguintes recursos:
  1. As cotas periódicas d@s asocia@s.
  2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
  3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
  4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
  5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 32º.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da asociación.

Artigo 33º.- Anualmente, con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición d@s asociad@s, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.

Artigo 34º.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta da president@ e d@ tesoureir@.

Artigo 35º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre @s asociad@s os recursos obtidos pola asociación.

 CAPÍTULO V

DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Artigo 36º.- O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

CAPÍTULO VI
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 37º.- Os ditos estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados presentes. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

Artigo 38º.- A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

Artigo 39º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociad@s liquidador@s, que xunto @ president@ e @ tesoureir@, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

Artigo 40º.- O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación